Espazo na rede para que os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria do "CEIP Ramón Otero Pedrayo" da Laracha compartan as súas experiencias sobre o traballo diario na aula.

lunes, 6 de mayo de 2013

ANIMACIÓN Á LECTURA

Este luns 6 de maio, tivemos a gran sorte de participar nun obradoiro de animación á lectura co cal fomos agasallados pola Editorial Santillana, debido a que estivemos a traballar cos libros de "Charlie y la fábrica de chocolate" e de "Gordiño Recheo".

Durante case unha sesión dunha hora, estivemos a representar varios momentos clave da historia do libro escrito por Roald Dahl.

Aquí tendes unhas cantas imaxes e vídeos que exemplifican o ben que o pasamos:


;)

viernes, 3 de mayo de 2013

APROVEITADE O SOLEADO E CIENTÍFICO SÁBADO 4 DE MAIO

Chega a XVIII edición do "Día de la Ciencia en la Calle", celebrarase mañán, sábado 4 de maio, no parque de Santa Margarita entre as 11.00 e as 19.00 horas.
 
Centos de estudiantes e profesores de 24 centros educativos, así como mimbros de numerosas entidades encherán con actividades as carpas e espazos de ocio instalados nas inmediacións da Casa de las Ciencias.
 
Ademais os 3 Museos Científicos Coruñeses súmanse ao Día da Ciencia facendo xornada de portas abertas dende as 11 da mañá.
 
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae únense a festa con día de portas abertas e actividades gratuitas nas súas instalacións. O Planetario da Casa das Ciencias presentará una maratón de programas de planetario, con pases ás 11, 12, 13, 16, 17 y 18 horas. Na Domus celebrarán talleres de disección no novo Laboratorio Aberto, e ademais proxectarase a película en 3D "El último arrecife", ás 12, 13, 17 y 18 horas. E no Aquarium o público poderá participar nun taller de bioloxía da Charca das Caricias, entre outras actividades. Tamén podedes visitar a Torre de Hércules e outros espazos culturais de A Coruña.

Máis información en: http://corunainfantil.es/presentan-el-xviii-dia-de-la-ciencia-en-la-calle/ 

Animádevos a asistir e sobretodo participar!!!!!
;)