Espazo na rede para que os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria do "CEIP Ramón Otero Pedrayo" da Laracha compartan as súas experiencias sobre o traballo diario na aula.

viernes, 24 de enero de 2014

DÍA DA PAZ

Aquí tendes o ben que o pasamos na celebraciñon do "Día da Paz e non violencia" e o mural que fixemos cas nosos pombas, mensaxeira de boas novas:

jueves, 23 de enero de 2014

A PAZ SEMPRE É NOTICIA, DÉIXAA VOAR

A Pomba, é o símbolo da Paz e o entendemento por excelencia. É un animal coñecido universalmente pola súa boa orientación e é por iso que tradicionalmente se lle adestraba como mensaxeira, feito polo que se lle atribúe a característica de ser a mensaxeira da Paz.

Está en man dos adultos concienciar os nosos alumnos e alumnas da necesidade de convivir nun mundo onde o respecto polo outro sexa vital e coa esperanza de promover valores como a Paz.

Para iniciar o curso propoñémosvos unha manualidade plástica moi sinxela, serviranos para crear un móbil ou decorar as ventás da nosa clase.

Material necesario:

- cartolina branca
- papel de xornal
- tesoiras
- barra de pegamento


Pasos para a súa elaboración:

1. Recorta dúas circunferencias, unha de cartolina branca (duns 15 centímetros de diámetro) e outra de papel de xornal (duns 10 centímetros de diámetro), dóbraas pola metade e, con coidado, marca a dobra premendo co dedo para ter o eixe centrado. Tamén necesitarás un cadrado pequeno de papel de xornal para facer o pico da pomba e unha tira rectangular de papel branco para facerlle a cola.

2. A continuación engancha o círculo pequeno dentro do grande coa axuda da barra de pegamento.


3. Unha vez realizado este paso xira a circunferencia para pegalo no reverso o pico e a cola. Dóbraa con coidado.

4. Personaliza a túa pomba de La Paz pintándoo os ollos. E tamén podes escribir algunha mensaxe de Paz que queiras transmitir no seu contorno.

Así quedou nosa Pomba da Paz. Atrevédesvos a facer a vosa?


viernes, 17 de enero de 2014

PENSA DIFERENTE

Con motivo da celebración do día da paz e non violencia, convertemos algo tan negativo como unha bomba atómica en algo positivo, posto que nos pensamos diferente. Bótade unha ollada: