Espazo na rede para que os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria do "CEIP Ramón Otero Pedrayo" da Laracha compartan as súas experiencias sobre o traballo diario na aula.

martes, 26 de noviembre de 2013

TEMA 4 e 5 : OS ECOSISTEMAS

DESPEDIDA CHRISTIAN

Este mes de novembro, tivemos unha festa algo peculiar, porque en lugar de risas había choros...

O motivo da celebración foi facerlle unha despedida ao noso queridísimo compañeiro Christian que marcha a vivir a outro país.

DESEXÁMOSLLE O MELLOR!!!!

E como mostra do noso agarimo fixémoslle un lote de agasallos especiais: presentacíóns e vídeos con recordos; libros dedicados; fotos; postais; etc. Todo iso non é suficiente mostra da nosa amizade con este neno que se deixa tanto facer querer.

Dende aquí un enorme saúdo para Christian, o cal sempre teremos presente.

 UN BIKO ENOOOOOOOOOOOOOOORME!!!!!!

EXPERIMENTOS DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O pasado martes 5 de novembro celebrouse no colexio o "DÍA DA CIENCIA EN GALEGO" e nós os rapaces e rapazas de 6º E.P. fomos os encargados de ensinarlle ao resto dos cursos un experimentos chulísimos.

Aquí vos deixamos estas fotos que inmortalizan esa tarde tan divertida:


domingo, 3 de noviembre de 2013

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Con motivo da celebración do "Día da Ciencia en Galego" realizamos este volcáns para facer unha exposición deles no colexio.

 

Ademais nós, os alumnos de 6º E.P., seremos os encargados o vindeiro martes 5 de novembro de realizar uns experimentos para todo o alumnado do centro.

Esperamos que saia todo ben.

 Xa vos ensinaremos algunha que outra imaxe da nosa actuación como científicos. ;)

SAMAGOSTO 6ºA

Aquí tendes unhas cantas fotos que representan a nosa experiencia o pasado mércores 30, cando se realizou a festividade do "SAMAGOSTO" no noso colexio "C.E.I.P. Ramón Otero Pedraio".

Nelas poderedes ver:
- como trememos coa visita a "Aula do Medo" e as nosas caras de susto.

- os retratos no "Foto-call" coas persoaxes relacionados con esta temática.

- o momento da visita a "Exposición de Cabazas".

- e a boa tarde que pasamos comendo castañas asadas.

 

TODAS ELAS VESTIDOS COAS NOSAS MELLORES GALAS :P

MERGULLÁNDONOS NO SAMAÍN

Actividade de Educación Artística para facer algunha manualidade de proveito.



ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN AS NOSAS CREACIÓNS ;)